Bande celebra a LII Festa do Peixe

Bande celebra a LII Festa do Peixe

Ourense, 23 de maio de 2023.- Bande acollerá o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe, celebración de Interese Turístico de Galicia que conta co apoio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, presentaron esta mañá no Pazo Provincial unha festa que ten a súa orixe nun campionato de pesca e que na actualidade contribúe á promoción da riqueza piscícola dos seus ríos, da gastronomía local, do patrimonio histórico e das súas augas termais.

.

Programación da LII Festa do Peixe

A programación deste ano conta, ademais do campionato de pesca, con música, deporte, stands gastronómicos, exhibicións de patinaxe e o Mercado do Xurés.

Por días, o venres 2 arrancará a festa con actuacións musicais e unha degustación gastronómica. O sábado, día 3, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e unha masterclass de “freestyle”, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil,  e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos. A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada.

O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa colaboración da federación galega. Ademais, a xornada abarcará música, exhibicións de patinaxe e degustacións gastronómicas.

Deja tu comentario
Novedades Restaurantes Ourense ¿Quieres recibir notificaciones sobre Novedades, Nuevos Restaurantes, Descuentos y más? No Si